Neste espazo compartimos varios documentos e enlaces que poden ser de utilidade para a cidadanía.

Aplicacións móbiles para facer fronte a covid-19

covid-pass
asistencia-covid
radar-covid

Declaración responsable de autotest positivo

O SERGAS comunica que para notificar un RESULTADO POSITIVO NUN AUTOTEST, deberá facelo desde a aplicación móbil SERGAS MÓBIL (mais información aquí) ou chamando ao...

ORDE DO 26 DE MAIO DE 2021 POLA QUE SE ESTABLECEN MEDIDAS CUALIFICADAS DE PREVENCIÓN PARA FACER FRONTE Á EVOLUCIÓN DA SITUACIÓN EPIDEMIOLÓXICA DERIVADA DA COVID-19 NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA E QUE PRECISAN DA AUTORIZACIÓN XUDICIAL PARA A SÚA EFICACIA.

LIMITACIÓNS DA ENTRADA E SAÍDA DE PERSOAS en determinados ámbitos territoriais Quedan restrinxidas a entrada e a saída de persoas dos ámbitos territoriais dos concellos de Lobios, A...

SANIDADE ESTABLECE RESTRICIÓNS DE MOBILIDADE PERIMETRAIS NAS SETE CIDADES GALEGAS

A Consellería de Sanidade anunciou o establecemento de novas medidas de restrición da mobilidade nas sete cidades galegas e na súa contorna, ás que...

SANIDADE ESTABLECE O NIVEL 2 EN TODA GALICIA E LIMITA AS REUNIÓNS A UN MÁXIMO DE CINCO PERSOAS

Tras a reunión do Comité clínico que fai o seguimento da evolución da Covid-19 na nosa comunidade, a Consellería de Sanidade establece o nivel...

ORDE do 21 outubro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

Resumo da disposición: A Consellería de Sanidade establece o nivel 2 de restricións en toda Galicia, ademais de LIMITAR AS XUNTANZAS A GRUPOS DUN MÁXIMO DE...

Empresas e Autónomos

A Xunta crea 'Mercaproximidade', unha canle alternativa de comercialización para os produtos agrogandeiros galegos que viron reducidas as súas vendas na hostalería e nos mercados municipais pechados na actualidade por mor da emerxencia sanitaria. A esta iniciativa poderán adherirse produtor@s de froitas, hortalizas ou mel, gandeir@s de vacún, porcino, ovino ou caprino, así como as industrias transformadoras sempre que como mínimo o 50 % dos seus ingresos procedan da hostalaría e dos mercados municipais.

Sanidade

INFORMACIÓN CORONAVIRUS

Estratexia de detección precoz, vixilancia e control da COVID-19. Ministerio de Sanidade.
(Documento actualizado a data 22/12/2021).

REAL DECRETO 286/2022, DO 19 DE ABRIL, POLO QUE SE MODIFICA A OBRIGATORIEDADE DO USO DE MÁSCARAS DURANTE A SITUACIÓN DE CRISE SANITARIA OCASIONADA POLA COVID-19.

As persoas de seis anos en diante quedan obrigadas ao uso de máscaras nos seguintes supostos: a) Nos centros, servizos e establecementos sanitarios segundo...

Recomendacións de operación e mantemento dos sistemas de climatización e ventilación de edificios e locais para a prevención da propagación do SARS-COV-2 (COVID-19).

Este documento, que poderá recibir actualizacións, facilita recomendacións técnicas aos profesionais do sector da climatización, de modo que o funcionamento destas instalacións axude na...

Real Decreto-lei 30/2020, de 29 de setembro, de medidas sociais en defensa do emprego.

Algunhas das medidas máis destacadas recollidas neste Real Decreto-lei son:1. Posibilidade de prorrogar ata o 31 de xaneiro de 2020 os expedientes de regulación...

Resolución de 28 de setembro de 2020, da Secretaría Xeral de Industria e da Pequena e Mediana Empresa, referente aos equipos de protección individual no contexto da crise sanitaria ocasionada pola COVID-19.

As máscaras KN95 comercializáronse en España cun permiso especial xustificado pola situación de emerxencia pero non habían completado todo os procedementos de avaliación, incluíndo...

Real Decreto 555/2020, do 5 de xuño, polo que se prorroga o estado de alarma declarado polo Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19.

Inclúe: Duración, procedemento para a desescalada, acordos coas CC. AA, perda de efectos de medidas, autoridades competentes delegadas, ámbito educativo non universitario e de...

Orde SND/507/2020, do 6 de xuño, pola que se modifican diversas ordes co fin de flexibilizar determinadas restricións de ámbito nacional e establecer as unidades territoriais que progresan ás fases 2 e 3 do Plan para a transición cara a unha nova normalidade.

Inclúe: Ocupación de vehículos de transporte terrestre, fase 2: actividades ao aire libre, taurinas, unidades territoriais ; fase 3: hostalería e restauración, lecer nocturno,...

Plan para a transición cara a unha nova normalidade.

TEXTO ÍNTEGRO DA DISPOSICIÓN Gráfico fases desescalada, fuente La Voz de Galicia

Sanidade

Medidas sociais

+Info