Poboación e poboamento

A poboación do municipio de Outeiro de Rei é, de acordo á última rectificación do censo de poboación da que temos datos desagregados efectuada polo Instituto Nacional de Estatística (INE) no ano 2022, de 5296 habitantes (2718 homes e 2578 mulleres). Esta poboación distribúese nas 173 aldeas que forman as 27 parroquias do concello.

PARROQUIASNº ENTIDADESEXTENSIÓN KM²POBOACIÓN NO 2022DENSIDADE
HOMESMULLERESTOTAL
SAN CLODIO DE AGUIAR (SAN CLODIO)21.917213820
SAN LOURENZO DE AGUIAR (SAN LOURENZO)44.347509722,56
ARCOS (SAN PEDRO)62.539347329,20
ASPAI (SAN CIBRAO)56.941418211,88
BONXE (SAN MAMEDE)96.211912524439,35
CABOI (SAN MARTIÑO)42.5546411847,20
CANDAI (SAN VICENTE)86.23526619,84
CASTELO DE REI (SAN SALVADOR)31'939337237,89
CELA (SANTA MARÍA)105.612913426346,96
FOLGUEIRA (SAN NICOLÁS)44.31817358,14
FRANCOS (SANTIAGO)38.53532677,88
SANTIAGO DE GAIOSO (SANTIAGO)63.6836815141,94
SANTO TOMÉ DE GAIOSO (SAN TOMÉ)33.1158237,42
GUILLAR (SAN MARTIÑO)124.35955391134263,72
MARTUL (SAN PEDRO)2536367214,40
MATELA (SANTA MARÍA MADANELA)53.7948918349,46
MOSTEIRO (SAN SALVADOR)108.11039319624,20
OUTEIRO DE REI (SAN XOÁN)63.2379388767239,69
PARADA (SAN XOÁN)76.946418712,61
SAN FIZ DE PAZ (SAN PEDRO FIZ)128.7857716218,62
ROBRA (SAN PEDRO FIZ)116.920220740959,28
SANTA MARIÑA (SANTA MARÍA)52.547449136,40
SILVARREI (SAN XOÁN)55.619619038668,93
SOBRADA DE AGUIAR (SANTA MARÍA MADANELA)85716313426,80
TABOI (SAN PEDRO)93.738367420,00
VICINTE (SANTA MARÍA)710.2645011411,18
VILELA (SANTIAGO)74.3917216337,91
TOTAL173134,2027182578529640,40

Outeiro de Rei presenta un hábitat rural diseminado, cunha densidade media de 40,40 hab./ km², cun total de 173 núcleos de poboación repartidos en 27 parroquias. As parroquias máis poboadas son San Martiño de Guillar (1134 habitantes) e Outeiro de Rei (767 habitantes), sendo as dúas únicas parroquias que teñen núcleos con certo carácter urbano; a primeira debido ao establecemento de residencias pola súa proximidade coa capital provincial, Lugo, e a segunda por mor da súa condición de capitalidade municipal que comporta unha importante concentración de servizos.

Distribución de efectivos demográficos por entidades de poboación

A seguinte táboa permite ver a distribución dos efectivos demográficos  do municipio nas diferentes entidades de poboación  de Outeiro de Rei.

PARROQUIASENTIDADESHOMESMULLERESTOTAL
SAN CLODIO DE AGUIAR (SAN CLODIO)A Balsa538
San Clodio121830
Nº total habitantes172138
SAN LOURENZO DE AGUIAR (SAN LOURENZO)O Couto303060
O Picato101
Redondiña131528
Saa358
Nº total habitantes475097
ARCOS(SAN PEDRO)Bullas131326
A Cabana4711
O Cruceiro10919
O Pecouzo314
A Torre7310
O Bidral213
Nº total habitantes393473
ASPAI (SAN CIBRAO)Aspai252449
O Carballal437
A Laxe101
Province7916
Sta. Comba459
Nº total habitantes414182
BONXE (SAN MAMEDE)Bouzas111425
Caxigal181634
Eirexe8917
Restriz7714
A Subida91221
Veiga484290
Vigo8513
O Granxo3710
As Lombas71320
Nº total habitantes119125244
CABOI (SAN MARTIÑO)Astariz343973
Caboi336
Fontela111829
O Mato6410
Nº total habitantes5464118
CANDAI (SAN VICENTE)Candai de Abaixo549
Candai de Arriba224
Currás549
Lavadoiro213
Mangoeiro112
As Penas6410
Piñeiro7411
Susavila7613
Nº total habitantes352661
CASTELO DE REI (SAN SALVADOR)Castelo242650
As Reboleiras13619
Bieite213
Nº total habitantes393372
CELA (SANTA MARÍA)A Casanova314
Fompedriña131427
Formistán71118
As Hortas131932
Meidonín241943
Quintián11617
O Regueiro415
Trabanca111425
Veiguicela242246
Ver192746
Nº total habitantes129134263
FOLGUEIRA (SAN NICOLÁS)Barrio de Abaixo347
Barrio de Arriba7512
Espiñeiro6511
O Pozo235
Nº total habitantes181735
FRANCOS (SANTIAGO)Francos121426
Maúnfe16925
Reboreda7916
Nº total habitantes353267
SANTIAGO DE GAIOSO (SANTIAGO)A Feira181836
Eirexa161026
Lama11819
Longarela101020
A Ponte628
Xueus222042
Nº total habitantes8368151
SANTO TOMÉ DE GAIOSO (SAN TOMÉ)Algar6410
Cachopeiro224
San Tomé729
Nº total habitantes15823
GUILLAR (SAN MARTIÑO)Buxán312960
O Castro262955
Guillar172239
Matelos151429
San Martiño16925
Marcelle281745
O Salete182038
Os Alargos373370
Cupeiro211637
A Ponte Nova11617
Urbanización Os Alargos214202416
Urbanización O Salete161142303
Nº total habitantes5955391134
MARTUL (SAN PEDRO)Cartel8614
Martul283058
Nº total habitantes363672
MATELA (SANTA MARÍA MADANELA)Albarón192140
Malde358
Matela433679
A Granda Pequena336
As Rozas262450
Nº total habitantes9489183
MOSTEIRO (SAN SALVADOR)Carballido9817
Couso9716
Felmil5510
Ferreira141024
O Granxo6511
O Hedrado347
Maceda353873
Outón171027
Casa do Monte246
Carballido de Arriba325
Nº total habitantes10393196
OUTEIRO DE REI (SAN XOÁN)Barciela11718
Outeiro de Rei146147295
Parque Empresarial000
Santa Isabel116126242
Cantón7271143
A Palloza323769
Nº total habitantes379388767
PARADA (SAN XOÁN)Gondai141428
As Latas000
Parada8917
O Pazo161329
San Paio101
Seivane6410
Pascuais112
Nº total habitantes464187
SAN FIZ DE PAZ (SAN PEDRO FIZ)Abeladoira235
Agüeiros123
O Castro6612
Liñares123
Montemaior336
Paz121022
Penadedra151934
Porto do Vao325
Riasco6511
Vilar221335
Guimarás112
Xunto da Igrexa131124
Nº total habitantes8577162
ROBRA (SAN PEDRO FIZ)Alvite151328
Brandián123
Francos211940
Penelas121131252
Piago000
Robra171734
Barciela000
A Corredoira101121
A Franca131124
Leiros Largos213
As Pontellas224
Nº total habitantes202207409
SANTA MARIÑA (SANTA MARÍA)Felpás12719
O Pedragoso202
Santa Mariña161935
Sinoga121224
Guimarei5611
Nº total habitantes474491
SILVARREI (SAN XOÁN)Cabanas134
Constante6678144
Pape544397
Silvarrei7566141
Leiros Largos000
Nº total habitantes196190386
SOBRADA DE AGUIAR (SANTA MARÍA MADANELA)Cancela6410
A Carreira Vella111223
Curutín181028
Gabin257
Faxilde81220
Laxe11920
Piñeiro11718
A Torre448
Nº total habitantes7163134
TABOI (SAN PEDRO)Fontela224
Fraíz235
Xigán628
Pacio347
O Pasadoiro448
O Pereiro111324
A Peroxa426
Transfonte437
San Marcos235
Nº total habitantes383674
VICINTE (SANTA MARÍA)Bravos181230
Bustelo10717
As Carballeiras131225
A Insua112
Sancroio235
Vicinte161430
Vilarelle415
Nº total habitantes6450114
VILELA (SANTIAGO)As Cavadas212041
A Laciana8412
A Saleta111526
Veigadolga134
Vilela Grande639
Vilela Pequena402464
O Fin437
Nº total habitantes9172163
TOTAL HABITANTES DO MUNICIPIO DE OUTEIRO DE REI5296

Evolución da poboación de feito (1887 – 2022)

A evolución demográfica de Outeiro de Rei ao longo do século XX obtémola a través dos padróns de habitantes (Arquivo Municipal) e doutras fontes bibliográficas que nos permiten observar dúas etapas claramente diferenciadas. Por unha parte, ata 1930, un crecemento practicamente constante da poboación, pero a partir de entón a tendencia demográfica vólvese negativa, ata o ano 1996, a partir do cal se experimenta un incremento practicamente constante de poboación.

1887 1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 1996 2001
5571 5903 5851 5829 6255 6037 5795 6031 5097 5108 4135 4115 4320

 

2006 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022
4695 5004 5046 5098 5083 5068 5043 5063 5093 5151 5210 5216 5296

Fonte: Instituto Nacional de Estatística

As causas do descenso demográfico, a partir dos anos 30 do século pasado, débense a dous factores fundamentalmente: por unha parte ao crecemento vexetativo negativo durante estes anos, ao coincidir unhas taxas de natalidade máis baixas que as de mortalidade.
E, por outra banda, ao fenómeno da migración, especialmente incidente a partir dos anos 50, e do proceso da industrialización que xerou unha importante demanda de man de obra. Así atopamos nestes anos centrais do século XX a saída de veciños do municipio en busca de traballo. Nun primeiro momento fundamentalmente cara a América Latina, máis tarde rumbo a Centrouropa e nos últimos tempos, cara ás cidades máis importantes de Galicia, este fenómeno migratorio diminuíu notablemente nos últimos anos do século XX e primeiros do século XXI.

Como remate deste capítulo, sinalar que esta tendencia negativa estancouse ao entrar no novo século. Así, se analizamos a evolución demográfica a partir do Padrón do ano 1996, observamos un paulatino crecemento da poboación, feito que contrasta coa evolución da maioría dos municipios, e non só desta provincia, que seguen a perder efectivos demográficos.
Isto pódese explicar en primeiro lugar polo xa mencionado descenso do fenómeno migratorio ao que debemos engadir a presenza de inmigrantes no concello (desta e doutras provincias de España, así como do estranxeiro), sen esquecer o cambio de mentalidade da poboación, xurdindo un novo gusto pola tranquilidade do mundo rural fronte ao urbano, sen renunciar ás comodidades que este último ofrece, sendo Outeiro de Rei un municipio onde se están asentando moitas familias que buscan calidade de vida nas proximidades á cidade de Lugo.