Escudo

O escudo actual, oficialmente recoñecido, é o que foi aprobado polo Decreto 199/1987 de 16 de xullo de 1987 de Presidencia da Xunta de Galicia publicado no Diario Oficial de Galicia número 157 do 18 de agosto de 1987, o cal na súa parte dispositiva di:

Artigo único:

Aprobar o escudo heráldico do Concello de Outeiro de Rei, que quedará organizado da seguinte maneira:

" De azul, tres torres de prata postas en situación de faixa, superadas dunha coroa de ouro e sostidas de ondas de prata e azul, estas cargadas de tres peixes de prata. O timbre, coroa real pechada ".

Santiago de Compostela, dezaseis de xullo de mil novecentos oitenta e sete.

Escudo do Concello de Outeiro de Rei