Olería de Bonxe
A cerámica de Bonxe, unha das cerámicas ancestrais de Galicia, aséntase neste concello.
Numerosas testemuñas falan da súa transmisión hereditaria familiar e Lucas Labrada, en 1809 rexistra a fama da olería de Bonxe nas feiras de Arzúa e Monterroso, entre outras. Sobre a década dos anos 50 aínda a totalidade dos veciños da parroquia vivían da olería (eran oleiros, chamábaselles así porque eran os que facían as “olas” ou cacharreiros).
As boas condicións xeolóxicas da zona favoreceron sempre e mantiveron o bo ritmo de produción dos oleiros.
Progresivamente esta cerámica, seguindo a tónica xeral do resto de artesanías de tradición, foi decaendo; os mestres oleiros foron a menos, poñendo en perigo a continuidade desta artesanía. Non obstante, esta actividade ten continuidade na persoa de Josefa Lombao Ferro, “Pepa”, que herdou a arte do seu pai, Indalecio Lombao Gómez, que foi nomeado pola Mancomunidade de Municipios da Terra Cha Chairego do ano 2006 en recoñecemento ao labor realizada durante toda a súa vida como oleiro e a favor do mantemento desta nobre arte.
Entre os obxectos habitualmente fabricados polos oleiros salientan os barreños (destinados tradicionalmente á fermentación de zorza para embutidos), cazolas de múltiples variedades, cacheleiros, porróns, fontes, tarteiras, chocolateiras, nateiras, pucheiros, xarras, sellas, queixeiras…, a meirande parte destas pezas perderon o seu uso tradicional e na actualidade pasaron a seren obxectos de decoración e ornamentación.
Recoméndase a turistas e amantes da artesanía achegarse no seu paso pola zona ao taller de Pepa, poderán ver o proceso de elaboración de pezas e adquirir algunha, se así o desexan.
-
A Veiga 17. Bonxe, Outeiro de Rei
-
Tfno. 982 393 399
-
Coordenadas: 43°06’28″N- 7°34’46″W
OBRADOIRO DE INSTRUMENTOS MUSICAIS XANECO
Fabricación de instrumentos de percusión tradicional.
- Abeladoira,1. San Fiz de Paz Outeiro de Rei
- Tfno. 696 431 657 / 982 393 278
- www.xaneco.gal
- [email protected]
- Coordenadas: 43°06’27″N -7°30’07″W
IDOIA CUESTA
Elaboración de tecidos vexetais: tapices e cestas.
- Hortas, 7. Cela, Outeiro de Rei
- Tfno. 677 334 150
- www.idoiacuesta.com
- [email protected]
- Coordenadas: 43°08’41″N- 7°35’40″W