Praza do Concello, núm. 1
27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982 393 281 / 982 393 055
Fax: 982 393 112
Bolsa de emprego
URXENTE
Carpinteiro/a metálico/a e soldador/a
A empresa CARPINTERÍA METÁLICA BEN ALONSO oferta dous postos, un deles de carpinteiro/a metálico montador e o outro de soldador/a, ambos para o seu centro de traballo localizado en Outeiro de Rei.
Xornada de traballo intensiva de luns a venres en horario de 8:00 h a 16:30 h (con descanso para xantar). É preciso ter experiencia.
As persoas interesadas poden solicitar máis información no teléf.: 982 393 280.
Contacto: Marisol
Capataz/a de andamios
A empresa Iman Temporing, especializada en RRHH, está seleccionando a un/unha capataz de obra para empresa do sector do metal sita na provincia de Lugo. As funcións do posto son coordinar e xestionar ao equipo na sección de andamios e de apoio no montaxe dos andamios.
Ofrecen contrato indefinido, vehículo de empresa e tarxeta de dietas e telepeaxe.
Valorarán nas persoas candidatas a experiencia polo menos dun ano nas funcións descritas e coñecementos en obra.
As persoas interesadas deben anotarse a través da web: https://empleo.imancorp.es/es/oferta/capataz-de-andamios
PRAZAS CUBERTAS
Camareiro/a e axudante de camareiro/a
O bar O Pozo de Outeiro de Rei oferta dous postos de traballo, un de camareiro/a e outro de axudante.
Traballo a xornada parcial cos seguintes horarios e días de traballo: luns e martes de 19:00 h a 23:00 h e sábados e domingos de 10:00 h a 15:00 h e de 19:00 a 23:00 h.
As persoas interesadas poden solicitar máis información no tfno.: 982 393 092.
Contacto: ANA
PRAZA CUBERTA
Logopeda para servizo de atención temperá en Outeiro de Rei
COESCO selecciona un/unha logopeda para servizo de atención temperá a nenos/as de entre 0 e 6 anos con transtornos no desenvolvemento.
Responsabilidades principais: dar resposta ás necesidades transitorias ou permanentes que presenten nenos e nenas con transtornos no desenvolvemento, facilitando a súa autonomía persoal e a inclusión social.
Formación específica: Diplomatura/grao en logopedia. Especialidade en desenvolvemento infantil e atención temperá e/ou apoio familiar, ou acreditar experiencia suficiente no ámbito de atención sanitaria ou sociosanitaria.
Interesad@s enviar curriculum a empresas@coescoformacion.com
Persoal de limpeza
A empresa EULEN SA busca persoas para traballar nun posto de limpador/a en empresa agroalimentaria para os centros de traballo localizados en Outeiro de Rei e Begonte.
Na planta de Outeiro de Rei, o traballo é a xornada completa de luns a venres en horario de 16:00 h a 00:00 h.
En Begonte, o traballo é a xornada parcial en quenda de fin de semana e horarios de 6:00 h a 14:00 h os sábados e de 6:00 a 12:30 h os domingos.
As persoas interesadas poden solicitar máis información no teléf.: 678 776 691.
Contacto: Esther Mezquita Fernandez
Chófer especialista para vehículo portacontedores e auxiliar administrativo
A empresa AMBIGAL 360, SL, Centro Especial de Emprego núm. 152GZ, empresa vilalbesa acreditada na xestión de residuos recuperables non perigosos para valorización, oferta dous postos de traballo: un de chofer-especialista para vehículos portacontedores e outro posto de auxiliar administrativo.
Busca exclusivamente traballadores con discapacide superior ao 33% con posible adaptación a estes postos de traballo.
As persoas interesadas poden remitir o seu curriculum vitae ao correo electrónico ambigal360@gmail.com
Auxiliar de axuda domicilio
A empresa OS VENTOS busca cubrir varios postos de auxiliar de axuda a domicilio para traballar no SAF de Cospeito.
As persoas interesadas poden remitir o seu curriculum vitae a lugo@osventos.com.
Contacto: DANIEL