Situación e división parroquial

O Concello de Outeiro de Rei está situado na parte centro-occidental da provincia de Lugo, a 11 km da capital provincial. Limita polo norte cos concellos de Begonte, Cospeito e Rábade; polo leste co de Castro de Rei; polo sur co de Lugo e polo oeste co concello de Friol.

Forma parte da comarca de Lugo e da Mancomunidade de Municipios da Terra Chá na que se inclúen ademais os municipios de Abadín, Castro de Rei, Pastoriza e Cospeito. Desde o punto de vista xeográfico está integrado na unidade da Terra Chá lucense.

Xeograficamente está situado a 43º05’7’’ de latitude norte e a 7º36’7’’ de lonxitude oeste, sendo a súa extensión, de 134 km2.

Conta con 5210 habitantes, 2676 homes e 2534 mulleres, distribuídos nas 173 aldeas nas que se organizan as 27 parroquias que compoñen o Concello: (Datos referidos á última revisión do Padrón, 1/01/2020).

A capital do municipio sitúase en San Xoán de Outeiro de Rei. Cunha extensión de 3,2 km2 constitúe a segunda maior entidade de poboación, despois de Guillar, con 771 veciños distribuídos nos barrios de Barciela, Outeiro de Rei, Santa Isabel, Cantón e A Palloza.

Relación de parroquias e núcleos de poboación:

Arcos (San Pedro)
Lugares (6): Bullas, A Cabana, O Cruceiro, O Pecouzo, A Torre, O Bidral.

Aspai (San Cibrao)
Lugares (5): Aspai, O Carballal, A Laxe, Province, Santa Comba.

Bonxe (San Mamede)
Lugares (9): Bouzas, Caxigal, Eirexe, Restriz, A Subida, Veiga, Vigo, O Granxo, As Lombas.

Caboi (San Martiño)
Lugares (4): Astariz, Caboi, Fontela, O Mato.

Candai (San Vicente)
Lugares (8): Candai de Abaixo, Candai de Arriba, Currás, Lavadoiro, Mangoeiro, As Penas, Piñeiro, Susavila.

Castelo de Rei (San Salvador)
Lugares (3): Castelo, As Reboleiras, Bieite.

Cela (Santa María)
Lugares (10): A Casanova, Fompedriña, Formistán, As Hortas, Meidonín, Quintián, O Regueiro, Trabanca, Veiguicela, Ver.

Folgueira (San Nicolás)
Lugares (4): Barrio de Abaixo, Barrio de Arriba, Espiñeiro, O Pozo.

Francos (Santiago)
Lugares (3): Francos, Maúnfe, Reboreda.

Guillar (San Martiño)
Lugares (12): Buxán, O Castro, Guillar, Matelos, San Martiño, Marcelle, O Salete, Os Alargos, Cupeiro, A Ponte Nova, Urbanización Os Alargos, Urbanización O Salete.

Martul (San Pedro)
Lugares (2): Cartel, Martul.

Matela (Santa María Madanela)
Lugares (5): Albarón, Malde, Matela, A Granda Pequena, As Rozas.

Mosteiro (San Salvador)
Lugares (10): Carballido, Couso, Felmil, Ferreira, O Granxo, O Hedrado, Maceda, Outón, Casa do Monte, Carballido de Arriba.

Outeiro de Rei (San Xoán)
Lugares (6): Barciela, Outeiro de Rei, Parque empresarial, Santa Isabel, Cantón, A Palloza.

Parada (San Xoán)
Lugares (7): Gondai, As Latas, Parada, O Pazo, San Paio, Seivane, Pascuais.

Robra (San Pedro Fiz)
Lugares (11): Alvite, Brandián, Francos, Penelas, Piago, Robra, Barciela, A Corredoira, A Franca, Leiros Largos, As Pontellas.

San Clodio de Aguiar (San Clodio)
Lugares (2): A Balsa, San Clodio.

San Fiz de Paz (San Pedro Fiz)
Lugares (12): Abeladoira, Agüeiros, O Castro, Liñares, Montemaior, Paz, Penadedra, Porto do Vao, Riasco, Vilar, Guimarás, Xunto da Igrexa.

San Lourenzo de Aguiar (San Lourenzo)
Lugares (4): O Couto, O Picato, Redondiña, Saa.

San Tomé de Gaioso (San Tomé)
Lugares (3): Algar, Cachopeiro, San Tomé.

Santa Mariña (Santa María)
Lugares (5): Felpás, O Pedragoso, Santa Mariña, Sinoga, Guimarei.

Santiago de Gaioso (Santiago)
Lugares (6): A Feira, Eirexa, Lama, Longarela, A Ponte, Xueus.

Silvarrei (San Xoán)
Lugares (5): Constante, Pape, Silvarrei, Cabanas, Leiros Largos.

Sobrada de Aguiar (Santa María Madanela)
Lugares (8): Cancela, A Carreira Vella, Curutín, Faxilde, Gabín, Laxe, Piñeiro, A Torre.

Taboi (San Pedro)
Lugares (9): Fontela, Fraiz, Xigán, Pacio, O Pasadoiro, O Pereiro, A Peroxa, Trasfonte, San Marcos.

Vicinte (Santa María)
Lugares (7): Bravos, Bustelo, As Carballeiras, A Insua, Sancroio, Vicinte, Vilarelle.

Vilela (Santiago)
Lugares (7): As Cavadas, A Laciana, Veigadolga, Vilela Grande, Vilela Pequena, O Fin, A Saleta.