Programa municipal de conciliación familiar
e apoio á educación

Nos últimos anos o Concello de Outeiro de Rei foi estruturando unha importante oferta co obxectivo de favorecer a conciliación da vida familiar e laboral da cidadanía do municipio a través da posta en marcha dun programa municipal de conciliación da vida familiar e apoio á educación no que se inclúe a ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DE OUTEIRO DE REI e as seguintes iniciativas:

OUTEIRO MADRUGADOR
OUTEIRO TARDES
OUTEIRO LÚDICO

Estas iniciativas están dirixidas a nenos e nenas de 3 a 12 anos de idade empadroados/as no Concello de Outeiro de Rei ou matriculados/as no CEIP Laverde Ruiz.

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL

A Escola Infantil Municipal de Outeiro de Rei foi inaugurada o 14/09/2009. Tratase dun servizo de atención educativa e asistencial dirixido a nenos e nenas de 3 meses a 3 anos. Oferta 56 prazas distribuídas da seguinte forma:

– De 0 a 1 ano: 8 prazas
– De 1 a 2 anos: 13 prazas
– De 2 a 3 anos: 20 prazas
– De 0 a 3 anos: 15 prazas

PRAZO XERAL DE SOLICITUDE DE PRAZA: DO 15 DE MARZO AO 30 DE ABRIL
ENDEREZO: URBANIZACIÓN SANTA ISABEL C/5. OUTEIRO DE REI

Máis sobre a Escola Infantil Municipal de Outeiro de Rei

OUTEIRO MADRUGADOR

Servizo de atención infantil que empezou a funcionar en setembro de 2010.

OBXECTIVO: Axudar aos pais/nais que traballan ou que, por outras razón necesitan deixar aos seus fillos/as atendidos antes do inicio da xornada lectiva.
DURACIÓN: De setembro a xuño (durante o curso escolar)
LUGAR: LOCAL B
HORARIO: De 7:45 h a 9:30 h
COTA: 80 € /anuais ou 6 €/día solto
INSCRICIÓNS: Na biblioteca municipal en horario de 12:00 h a 14:15 h durante a 1ª quincena do mes de xuño (para solicitudes fóra de prazo, consultar dispoñibilidade).

OUTEIRO TARDES

Servizo de atención infantil que empezou a funcionar o 12 de setembro de 2011.

OBXECTIVO: Axudar aos pais/nais que traballan ou que por outras razóns necesitan deixar aos seus fillos/as atendidos despois da xornada lectiva.
DURACIÓN: De setembro a xuño (durante o curso escolar)
LUGAR: LOCAL B
HORARIO: De 15:00 h a 20:00 h (este horario adaptarase ao remate da xornada escolar).
COTA: 25 € /mes ou 6 €/día solto
INSCRICIÓNS: Na biblioteca municipal en horario de 12:00 h a 14:15 h durante a 1ª quincena do mes de xuño (para solicitudes fóra de prazo, consultar dispoñibilidade). Os pagamentos mensuais deberán realizarse dentro dos 15 primeiros días do mes anterior.

OUTEIRO LÚDICO

Servizo de atención infantil que empezou a funcionar durante as vacacións de Nadal de 2009.

OBXECTIVO: Favorecer a conciliación da vida familiar e laboral nos períodos vacacionais creando un espazo de diversión onde os nenos/as levan a cabo xogos, saídas, manualidades…
DURACIÓN: Durante as vacacións escolares de Nadal, Entroido, Semana Santa e verán (consultar dispoñibilidade deste servizo para o mes de agosto) e nos días non lectivos existentes no calendario escolar.
LUGAR: LOCAL B
HORARIO: De 7:45 h a 20:00 h
A excepción de causas debidamente xustificadas os/as nenos/as non poderán permanecer no centro máis de 8 horas diarias.
COTA: 120 € anuais, repartidos en dúas cotas.
A 1ª cota de 50 €, a aboar na primeira quincena de setembro, (inclúe os períodos de vacacións escolares de Nadal, Entroido, Semana Santa e días non lectivos do CEIP Laverde Ruíz).
A 2ª cota de 70 €, a aboar ata o 1 de xuño, (inclúe o período dende o remate do curso escolar ao inicio do curso seguinte, excluíndo o mes de agosto).
Mes de agosto: 50 €
Día solto: 6 €/día (suxeito a dispoñibilidade).

INSCRICIÓNS: Na biblioteca municipal en horario de 12:00 h a 14:15 h.

SETEMBRO: Outeiro Lúdico ofrece a posibilidade de incorporación de nen@s de 3 anos que empezan o colexio. Cota: 15 €

PERÍODO DE ADAPTACIÓN para 4º de Infantil (mes de setembro).
Consultar posibilidade de acollemento de nen@s en horario de mañá. Cota: 15 €

A TER EN CONTA nas iniciativas Outeiro Madrugador , Outeiro Tardes e Outeiro Lúdico:

  • No caso de familias numerosas, as cotas para acceder a calquera das iniciativas reduciranse un 50% no caso do segundo ou posteriores fill@s. Esta redución no segundo e posteriores fill@s tamén será de aplicación no caso de familias cualificadas como numerosas con fillos ou fillas con algunha discapacidade recoñecida.
  • Para poder obter praza neste programa de conciliación, é preciso que as persoas beneficiarias do mesmo estean empadroadas no municipio ou matriculadas no CEIP Laverde Ruíz; non obstante, o Concello de Outeiro de Rei estudará os casos particulares que se presenten e sempre que resulten debidamente acreditados poderán ser eximidos desta obriga (por exemplo, casos concretos de pais ou nais separados que teñan aos seus fill@s no período vacacional non sendo Outeiro de Rei o municipio de residencia habitual dos menores pero si do pai ou nai que está realizando a solicitude).
  • Igualmente, sempre que exista dispoñibilidade de praza, poderá haber novas incorporacións a calquera destas iniciativas fóra dos prazos de inscrición previstos; nestes casos será preciso aboar a cota establecida para a actividade a excepción da iniciativa OUTEIRO TARDES onde se pagará a mensualidade completa dende o primeiro mes de incorporación (con independencia da data na que se produza).

DESCARGA O PDF INFORMATIVO

FICHA DE SOLICITUDE DE ACTIVIDADES DE CONCILIACIÓN

Subvencions a entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia - Plan corresponsables