Servizo de atención temperá

Servizo de Atención Temperá para a agrupación de concellos de Outeiro de Rei , Castro de Rei e Cospeito

En Galicia, en 2013 creouse a Rede Galega de Atención Temperá, a través do Decreto 182/2013, do 5 de decembro.

As persoas destinatarias do servizo de atención temperá será a poboación infantil   de 0 a 6 anos con trastornos no desenvolvemento ou en situación de risco de padecelos,   residentes na Comunidade Autónoma de Galicia, así como os seus familiares e ao seu contorno.

Polo tanto, a atención temperá ten como obxectivo principal dar resposta a estas posibles necesidades transitorias ou permanentes para facilitar o desenvolvemento da autonomía persoal e a inclusión social das persoas beneficiarias do programa (poboación infantil de 0 a 6 anos).

Todo isto abordarase mediante unha intervención biopsicosocial que favoreza a adquisición ou a recuperación de funcións ou habilidades  da poboación infantil destinataria.

A agrupación de concellos de Outeiro de Rei e Castro de Rei  obtivo unha subvención da Consellería de Política Social, a través da Orde do 19 de decembro de 2019, para a posta en marcha do servizo de atención temperá nestes concellos, servizo que se iniciou o 01/08/2020. Servizo que continúa na actualidade, e  para o período  2022-2024 se integra na agrupación o Concello de Cospeito dende o 01/11/2022 a 31/10/2024.

Na actualidade conta cun equipo de tres profesionais: unha logopeda, unha terapeuta ocupacional e unha psicóloga que prestan servizo na Casa da Cultura de Outeiro de Rei. O horario de atención ao público é de luns a venres de 10:00 h a 14:00 h. A prestación do servizo de atención temperá realizase nun horario máis amplo:

LUNS de 10:00 a 14:00 h e de 14:30 a 18:30 h
MARTES e MÉRCORES de 10:00 a 14:30 h e de 17:00 h a 19:30 h
XOVES de 10:00 a 19:30 h
VENRES de 10:00 a 14:00 h e de 14:30 a 18:30 h

Trátase dun servizo gratuíto da agrupación de concellos de Outeiro de Rei, Castro de Rei e Cospeito cofinanciado pola Unión Europea: Programa Operativo FSE Galicia 2021-2027.

MÁIS INFORMACIÓN

SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERÁ

para a agrupación de concellos de Outeiro de Rei, Castro de Rei e Cospeito

Casa da Cultura, 1º andar. Ctra. N-VI, s/n. 27150 Outeiro de Rei ( Lugo)

Tfno.: 982 393 408

E-mail: atenciontempera@concellodeouteiroderei.gal