Servizo de atención temperá

Servizo de Atención Temperá para a agrupación de concellos de Outeiro de Rei e Castro de Rei

En Galicia, en 2013 creouse a Rede Galega de Atención Temperá, a través do Decreto 182/2013, do 5 de decembro.

As persoas destinatarias do servizo de atención temperá serán os/as nenos/as de 0 a 6 anos con trastornos no desenvolvemento ou en situación de risco de padecelos, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia, así como os seus familiares e o seu entorno.

Polo tanto, a atención temperá ten como obxectivo principal dar resposta a estas posibles necesidades transitorias ou permanentes para facilitar o desenvolvemento da autonomía persoal e a inclusión social das persoas beneficiarias do programa (poboación infantil de 0 a 6 anos).

Todo isto abordarase mediante unha intervención biopsicosocial que favoreza a adquisición ou a recuperación de funcións ou habilidades d@s usuario@s.

A agrupación de concellos de Outeiro de Rei e Castro de Rei obtivo unha subvención da Consellería de Política Social, a través da Orde do 19 de decembro de 2019, para a posta en marcha do servizo de atención temperá nestes concellos, servizo que se iniciou o 01/08/2020.

Na actualidade conta cun equipo de tres profesionais: unha logopeda, unha terapeuta ocupacional e unha psicóloga que prestan servizo na Casa da Cultura de Outeiro de Rei. O horario de atención ao público é de luns a venres de 10:00 h a 14:00 h. A prestación do servizo de atención temperá realizase nun horario máis amplo: os luns de 10:00 h a 18:00 h, martes, mércores e xoves de 10:00 h ata ás 19:30 h e venres de 10:00 a 14:00 h.

Trátase dun servizo gratuíto da agrupación de concellos de Outeiro de Rei e Castro de Rei, cofinanciado pola Unión Europea: Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020.

MÁIS INFORMACIÓN

SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERÁ

para a agrupación de concellos de Outeiro de Rei e Castro de Rei

Casa da Cultura, 1º andar. Ctra. N-VI, s/n. 27150 Outeiro de Rei ( Lugo)

Tfno.: 982 393 408

E-mail: atenciontempera@concellodeouteiroderei.gal