Castelo de Rei (San Salvador)

Parroquia do arciprestado de Aguiar e da diocese de Lugo. Limita coas parroquias de Vilela (SE, S e SO) e de Taboi (O e NO) e polo concello de Castro de Rei (N, NE e E); presenta unha extensión de 1,9 km2 bañando as súas terras os regos da Pontella Grande e da Carballosa. Dista 6,1 km da capital do municipio.

Conta con tres barrios:

  • Castelo
  • As Reboleiras
  • Bieite

Do seu pasado señorial queda en pé a Casa Grande dos Andrade (s. XVIII) con escudo de armas e capela.

Destacar tamén en Castelo a presenza dunha carballa coñecida como Carballa de Froilán (árbore centenaria) que segundo a tradición popular ao ser oca por dentro foi empregada na época do racionamento para agochar alimentos no seu interior. (Fonte: Estudio do Medio do Concello de Outeiro de Rei, 1999).

Carballa de Froilán

Festividades:

O último domingo de agosto celébrase o San Salvador.
Antigamente celebrábase tamén A Candelaria (o 2 de febreiro).