Programa de ocio 2026-2027

OUTRAS ACTIVIDADES CULTURAIS E FESTAS

CONCURSO DE DECORACIÓN DE NADAL DE FACHADAS E XARDÍNS

Data de celebración:AS BASES PUBLICARANSE NO MES DE DECEMBRO

MERCADO DE NADAL

Data de celebración:SÁBADO, 12 DE DECEMBRO
Horario:INAUGURACIÓN ÁS 12:00 h

FESTA DE REIS

Data celebración:5 DE XANEIRO DE 2027
Horario:DOMINGO, A PARTIR DAS 17:00 h
Lugar:SALÓN DE ACTOS DA CASA DA CULTURA E PAVILLÓN MUNICIPAL

FESTA DE ENTROIDO

Data celebración:DOMINGO DE ENTROIDO, 7 DE FEBREIRO DE 2027
Horario:DOMINGO, A PARTIR DAS 17:00 h
Lugar:PRAZA DA VILA

III FEIRA DO LIBRO

Data de celebración:VENRES, 16 DE ABRIL

XXVII FESTA D@S NEN@S

Data celebración:4 DE XUÑO DE 2027
Horario:VENRES, A PARTIR DAS 16:30 h
Lugar:PRAZA DA VILA (inchables e festa da escuma)

A TER EN CONTA:

O prazo permanecerá aberto do 28 de setembro ao 9 de outubro ou ata cubrir prazas.

As prazas cubriranse por rigorosa orde de solicitude, tendo preferencia as persoas do municipio con respecto ás de fóra.

As cotas aboaranse dentro do prazo de inscrición. As persoas non empadroadas en Outeiro de Rei aboarán as seguintes cotas a maiores da establecida: cursos de 2 meses, 10 €; cursos de 3 a 4 meses, 20 €; de 5 meses en diante, 30 €. Non se reintegrará o importe das cotas salvo que a actividade se suspenda a iniciativa do Concello. Tres faltas de asistencia inxustificadas en actividades con lista de espera, dará lugar a causar baixa na actividade.

A celebración da totalidade das actividades previstas ou a posible modificación das mesmas queda supeditada á demanda que exista (que non poderá ser inferior ao 50% das prazas ofertadas na actividade) ou a imprevistos que poidan xurdir.

Podes obter máis información chamando ao 982 39 34 08 ou na páxina web municipal www.outeiroderei.gal