Praza do Concello, núm. 1
27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982 393 281 / 982 393 055
Fax: 982 393 112
Folgueira (San Nicolás)
Parroquia do arciprestado de Aguiar e diocese e provincia de Lugo. Delimita con Taboi (N e NE), Vilela (E e SE), Matela (S e SO) e Cela (O e NO); presenta unha extensión de 4,3 km2 e dista 4,8 km da capital do municipio.
A súa poboación distribúese en 4 barrios:
Esta parroquia, ten unha altitude máxima de 434 m que se alcanza nos montes de Agro de Escairos; rega as súas terras o rego de Lamafría.
Festividades:
Festa na honra a San Nicolás a finais de abril.
Antigamente celebrábase o San Antonio en xaneiro.