Praza do Concello, núm. 1
27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982 393 281 / 982 393 055
Fax: 982 393 112
Como alcalde do Concello de Outeiro de Rei quero saudar a todos os veciños e veciñas deste lugar e a todas as persoas ás que poida unilas algún interese ou relación con este municipio, poñendo á disposición dos nosos visitantes e persoas interesadas toda a información que mediante esta canle informativa poidamos transmitir.
A través desta vía pretendemos dar a coñecer un municipio de futuro en permanente evolución, que querendo potenciar o seu grande patrimonio natural, paisaxístico, monumental e cultural camiña cara á modernidade e o desenvolvemento sostible, transformando as súas estruturas agrarias cara aos sectores de servizos, industriais e de ocio, tendo como principal valor a calidade humana e o dinamismo das súas xentes. Especial mención merece as posibilidades que ofrece Outeiro de Rei e a súa contorna para o desenvolvemento e diversificación da iniciativa turística.
Este portal web procura igualmente achegar a administración municipal á cidadanía ofrecendo unha serie de servizos que de xeito progresivo seguirán medrando e mellorando.
O Concello de Outeiro de Rei dálle a benvida da man do seu alcalde a este espazo virtual confiando que lles permita a todos vostedes coñecer mellor este pobo e compartilo connosco.
José Pardo Lombao
Alcalde do Concello de Outeiro de Rei