XVI FEIRA DA ARTESANÍA DE OUTEIRO DE REI
O Concello de Outeiro de Rei organiza a que será a décimo sexta edición da súa tradicional feira de artesanía que terá lugar o sábado 6 de xullo. Un ano máis, as tradicionais seccións de artesanía e de produtos de alimentación buscarán ofertar ao público unha ampla mostra de artigos únicos de calidade de diferentes especialidades porque ao igual que nas edicións pasadas, o Concello de Outeiro de Rei tratará de dar cabida á maior variedade posible de oficios e de produtos artesanais.
O prazo de inscrición de expositores permanecerá aberto ata ocupar os espazos dispoñibles.