O Concello de Outeiro de Rei organiza a décimo oitava edición da súa tradicional feira de artesanía que terá lugar o sábado 4 de xullo.

Por tal motivo, o Concello de Outeiro de Rei abre o prazo de inscrición para participar na feira de artesanía deste ano polo que as persoas que desexen asistir como expositores na sección de artesanía ou de alimentación poden solicitar a súa participación no Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local a partir do día 15 de maio ou nos teléfonos 982 393 382/ 982 393 281, en horario de 9:00 h a 14:00 h.

O Concello ofrece aos expositores  admitidos que non veñan co seu propio posto un espazo cuberto para expoñer (en jaimas ou similar e sen custo).

Á hora de obter posto valórase a dedicación profesional á actividade artesanal ou alimentaria. Neste sentido, terán prioridade os talleres artesanais e  as persoas autónomas dadas de alta nun epígrafe do IAE correspondente a unha actividade artesanal; no caso da sección de alimentación,  as empresas alimentarias inscritas no rexistro de artesanía alimentaria de Galicia, ou equivalente se proceden doutras comunidades autónomas.

Igualmente, pretendese que na feira exista o maior número de oficios representados valorándose a calidade dos produtos, a presentación dos postos e a colaboración co Concello na realización de demostracións e talleres.

Feira de Artesanía 2026 - Imaxe 1Feira de Artesanía 2026 - Imaxe 2Feira de Artesanía 2026 - Imaxe 3