Cartel V Concurso de Decoración de Fachadas 2026O Concello de Outeiro de Rei dentro das actividades de Nadal e co obxectivo de ambientar as rúas e pobos do municipio, convoca o V Concurso de Decoración de Nadal de Fachadas, Xardíns e Escaparates de Outeiro de Rei.

A temática a desenvolver na decoración será exclusivamente relativa ás Festas de Nadal e poderán participar no concurso todos os veciños e veciñas censados neste concello e establecementos do municipio. A decoración deberá estar instalada e en funcionamento antes do 10 de decembro.

A inscrición será gratuíta. As persoas participantes terán que enviar dúas fotos actuais da decoración da fachada, xardín ou escaparate ao correo electrónico xuventude@concellodeouteiroderei.org. As fotos teñen que ser actuais, orixinais e inéditas e non poden conter persoas.

Neste mesmo correo deben incluír o Anexo I cos datos persoais e de localización da vivenda ou establecemento.

O prazo de solicitudes está aberto do 23 de novembro ao 10 de decembro de 2026.

Premiarase a decoración que proporcione un mellor ambiente festivo. Os premios terán as seguintes dotacións económicas:

DOUS PREMIOS DE: 150 €
DOUS PREMIOS DE: 100 €
DOUS PREMIOS DE: 75 €
DOUS PREMIOS DE: 50 €

O fallo do xurado farase público na páxina web do Concello, antes do 10 de xaneiro de 2027.

As fotos teñen que ser actuais, orixinais e inéditas e non poden conter persoas.

Neste mesmo correo deben incluir o Anexo I cos datos persoais e de localización da vivienda ou establecemento.

O prazo está aberto do 23 de novembro ao 10 de decembro de 2026.

Premiarase a decoración que proporcione un mellor ambiente festivo. Os premios terán as seguintes dotacións económicas:

DOUS PREMIOS DE: 150 €
DOUS PREMIOS DE: 100 €
DOUS PREMIOS DE: 75 €
DOUS PREMIOS DE: 50 €

O fallo do xurado farase público na páxina web do Concello, antes do 10 de xaneiro de 2027.

BASES CONCURSO

ANEXO I