Ao abeiro da Orde da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, do 11 de xuño de 2026, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de Garantía Xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da colaboración coas entidades Locais e organismos intermedios sen ánimo de lucro cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+Galicia 2021-2027, o Concello de Outeiro de Rei recibiu unha subvención que permitiu a contratación a xornada completa durante un período de nove meses dun monitor de Actividades Recreativas e de Entretemento.
Esta persoa traballará en diferentes servizos municipais, executando e apoiando actividades recreativas e de entretemento, co obxectivo de proporcionarlle unha experiencia e práctica profesional que lle facilite a súa posterior inserción laboral, mellorando a empregabilidade deste colectivo.

