A Xunta de Galicia vén de recoñecer a 39 concellos galegos como territorios responsables coa concesión da Bandeira Verde, un distintivo que ten por obxecto exaltar as boas prácticas ambientais e de protección e conservación do patrimonio natural levadas a cabo polas administración Locais.
O acto de entrega dos distintivos tivo lugar o día 21 de outubro, no municipio de Vedra (A Coruña) e no mesmo estivo presente o alcalde, José Pardo Lombao, que recolleu a bandeira verde por sexto ano consecutivo da man da Conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez.


