Do 1 ao 8 de setembro desenvolveuse a iniciativa Deseñando o teu Futuro XI que permitiu  que dezaoito mozos e mozas de Outeiro de Rei puideran aproximarse ao mundo laboral a través da realización de estadías en varias empresas do municipio, concretamente as empresas acolledoras foron as seguintes:

AVIFAUNA. Parque zoolóxico

D10 CENTRO DEPORTIVO. Centro deportivo con cafetería e restaurante.

GARATUXA. Residencia de mascotas.

LASERLUCUS, SL. Taller de gravado e corte por láser.

PAN E PANADERÍA DE OUSÁ, SL. Fabricación e venda de pan, empanadas e bollería.

PAULINO CARRAL MÉNDEZ. Gandería de leite

TRANSFORMACIÓNS AGRÍCOLAS E FORESTAIS M. ÁNGEL. Traballos agrícolas

XARDINERÍA SANTA ISABEL. Traballos de xardinería.

ÁREA 507. Estación de servizo, tenda, restaurante, hotel e servizo de vixilancia de camións.

Ademais destas empresas, tamén colaboraron nesta iniciativa ofrecéndose a acoller:

BEN ALONSO, SL.; IDEA ALMACÉN DE PAPELERÍA, SL; PAN DO MANUEL E SUPERMERCADO CLAUDIO.

As prácticas realizadas durante cinco días en xornadas diarias de 4 h representaron un primeiro contacto co mundo laboral, unha experiencia que sempre resulta moi valorada polos participantes e que lles permite coñecer o traballo diario na empresa escollida e colaborar realizando diferentes actividades.

Para completar o programa,  este luns día 8 realizouse unha visita ao CEI-Nodus de onde  ademais de facer un pequeno percorrido polas instalacións puideron escoitar as explicacións do persoal técnico sobre o traballo que realizan para impulsar e consolidar proxectos de emprendemento.

A xornada rematou no Concello de Outeiro de Rei onde o alcalde, José Pardo Lombao,  mantivo un intercambio de impresións e fixo entrega dos diplomas acreditativos da participación no programa.

A décimo primeira edición desta iniciativa foi promovida e subvencionada polo Concello de Outeiro de Rei.