Do 1 ao 8 de setembro desenvolveuse a iniciativa Deseñando o teu Futuro XI que permitiu que dezaoito mozos e mozas de Outeiro de Rei puideran aproximarse ao mundo laboral a través da realización de estadías en varias empresas do municipio, concretamente as empresas acolledoras foron as seguintes:
AVIFAUNA. Parque zoolóxico
D10 CENTRO DEPORTIVO. Centro deportivo con cafetería e restaurante.
GARATUXA. Residencia de mascotas.
LASERLUCUS, SL. Taller de gravado e corte por láser.
PAN E PANADERÍA DE OUSÁ, SL. Fabricación e venda de pan, empanadas e bollería.
PAULINO CARRAL MÉNDEZ. Gandería de leite
TRANSFORMACIÓNS AGRÍCOLAS E FORESTAIS M. ÁNGEL. Traballos agrícolas
XARDINERÍA SANTA ISABEL. Traballos de xardinería.
ÁREA 507. Estación de servizo, tenda, restaurante, hotel e servizo de vixilancia de camións.
Ademais destas empresas, tamén colaboraron nesta iniciativa ofrecéndose a acoller:
BEN ALONSO, SL.; IDEA ALMACÉN DE PAPELERÍA, SL; PAN DO MANUEL E SUPERMERCADO CLAUDIO.
As prácticas realizadas durante cinco días en xornadas diarias de 4 h representaron un primeiro contacto co mundo laboral, unha experiencia que sempre resulta moi valorada polos participantes e que lles permite coñecer o traballo diario na empresa escollida e colaborar realizando diferentes actividades.
Para completar o programa, este luns día 8 realizouse unha visita ao CEI-Nodus de onde ademais de facer un pequeno percorrido polas instalacións puideron escoitar as explicacións do persoal técnico sobre o traballo que realizan para impulsar e consolidar proxectos de emprendemento.
A xornada rematou no Concello de Outeiro de Rei onde o alcalde, José Pardo Lombao, mantivo un intercambio de impresións e fixo entrega dos diplomas acreditativos da participación no programa.
A décimo primeira edición desta iniciativa foi promovida e subvencionada polo Concello de Outeiro de Rei.

