O próximo día 17 de novembro de 2026 comezará o PROGRAMA GALEGO DE DETECCIÓN PRECOZ DO CANCRO DE MAMA no municipio de Outeiro de Rei.

Este programa vai dirixido a mulleres de 50 a 74 anos e realízase cada dous anos (en Outeiro de Rei é a campaña 16).

Enviaráselles a todas as mulleres unha citación para que acudan a Unidade de Exploración Mamográfica situada no Centro de Saúde da Praza do Ferrol de Lugo, para a realización das mamografías.

O teléfono de contacto do programa é  981 14 14 14.
A participación no programa é totalmente gratuíta.