Programa de ocio verán 2026
OUTRAS ACTIVIDADES CULTURAIS E FESTAS
XXVI FESTA DOS NENOS | ||
| Data celebración: | VENRES, 5 DE XUÑO | |
| Horario: | A PARTIR DAS 16:30 h | |
| Lugar: | PRAZA DO CONCELLO (de facer mal tempo trasladarase ao Pavillón Municipal e recinto escolar) | |
ANDAINA SOLIDARIA: DOA MEDULA E SANGUE | ||
| Data celebración: | XOVES, 18 DE XUÑO | |
| Horario saída: | 12:00 h | |
| Lugar: | PRAZA DO CONCELLO | |
XXXII FESTA DOS XUBILADOS | ||
| Data celebración: | VENRES, 3 DE XULLO | |
| Horario: | MISA CAMPESTRE ÁS 13:30 h | |
| Lugar: | ÁREA RECREATIVA DE SANTA ISABEL | |
XVIII FEIRA DA ARTESANÍA | ||
| Data celebración: | SÁBADO, 4 DE XULLO | |
| Horario: | DE 10:00 h a 21:00 h (INAUGURACIÓN ÁS 12:00 h) | |
| Lugar: | PRAZA DO CONCELLO, RÚAS DO CENTRO E ÁREA RECREATIVA DE SANTA ISABEL | |
A TER EN CONTA:
O prazo permanecerá aberto do 1 ao 10 de xuño ou ata cubrir prazas.
As prazas cubriranse sempre por rigorosa orde de solicitude, tendo preferencia as persoas do municipio con respecto ás de fóra.
As cotas aboaranse dentro do prazo de inscrición; as persoas non empadroadas en Outeiro de Rei aboarán as seguintes cotas a maiores da establecida: cursos de 2 meses, 10 €, cursos de 3 a 4 meses, 20 € e de 5 meses en diante, 30 €. Non se reintegrará o importe das cotas salvo que a actividade se suspenda a iniciativa do Concello.
Tres faltas de asistencia inxustificadas en actividades con lista de espera, dará lugar a causar baixa na actividade.
A celebración da totalidade das actividades previstas ou a posible modificación das mesmas queda supeditada á demanda que exista (que non poderá ser inferior ao 50% das prazas ofertadas na actividade) ou a imprevistos que poidan xurdir.
Podes obter máis información chamando ao 982 39 34 08 ou na páxina web municipal outeiroderei.gal

