Programa de Actividades para Persoas Maiores 2026/2027
ACTIVIDADES PARA PERSOAS MAIORES
Requisitos a ter en conta:
- Ser maior de 50 anos e estar xubilado ou ser pensionista; igualmente poderán acceder ás actividades as persoas con 65 ou máis anos independentemente de que estean xubiladas ou non.
- No caso de levar un/ha acompañante, este poderá inscribirse aínda que non cumpra o anterior requisito nas viaxes ou comidas que se celebren.
- Estar empadroado/a no Concello de Outeiro de Rei.
- As persoas perceptoras de pensións non contributivas para ter dereito á cota reducida terán que acreditar dita situación mediante certificado acreditativo que se pode solicitar no departamento de Servizos Sociais do Concello.
- As prazas cubriranse por rigorosa orde de solicitude.
- As persoas interesadas en participar nalgunha das actividades previstas terán que realizar a inscrición na CASA DA CULTURA de Outeiro de Rei nos seguintes prazos:
-
- Para as actividades do ano 2026, do 7 de xullo ao 24 de xullo.
- Para as actividades do ano 2027 o prazo de inscrición será o mesmo que se estableza para as actividades de inverno.
- A celebración da totalidade das actividades previstas ou a posible modificación das mesmas queda supeditada á demanda existente (que non poderá ser inferior ao 50% das prazas ofertadas na actividade, agás na actividade Coida os teus pés que non ten mínimo de demanda) ou a posibles imprevistos que poidan xurdir.
XXXII FESTA DOS XUBILADOS |
|
|---|---|
| Data: | VENRES, 03/07/2026 |
| Lugar: | CAMPO DE SANTA ISABEL |
| Cota: | 5 € (xubilados ou pensionistas) |
| 30 € (acompañantes que non reúnan o requisito anterior) | |
COIDA OS TEUS PÉS |
|
| Data | Do 02/09/2026 ao 28/07/2027 |
| Horario: | MÉRCORES, de 09:20 h a 13:00 h |
| Nº prazas: | 12 (límite de pacientes por día) |
| Lugar: | Centro médico de Outeiro de Rei |
| Cota: | 3 €/consulta (perceptores de pensións non contributivas) |
| 5 €/consulta (resto de usuarios) | |
| 10 €/consulta (persoas non empadroadas en Outeiro de Rei, suxeito a dispoñibilidade de prazas) | |
| Previa cita no tlfno.: 982 393 281 | |
| CONDICIÓNS DE USO DO SERVIZO COIDA TEUS PÉS | |
XIMNASIA PARA MAIORES * |
|
| Duración: | Do 15/09/2026 ao 13/05/2027 |
| Horario: | MARTES E XOVES, de 10:15 h a 11:15 h |
| Nº prazas: | 20 |
| Lugar: | Ximnasio do pavillón de deportes |
| Cota: | 5 € (perceptores de pensións non contributivas) |
| 25 € (resto de usuarios) | |
PROGRAMA DE SAÚDE |
|
| (alimentación, rutinas de benestar, autocoidado...) | |
| Duración: | Do 30/09/2026 ao 02/12/2026 |
| Horario: | MÉRCORES, de 10:30 h a 12:00 h |
| Nº prazas: | 12 |
| Lugar: | Casa Cultura / Ximnasio do pavillón de deportes |
| Cota: | 15 € |
DE EXCURSIÓN A OURENSE |
|
| Data: | SÁBADO, 17/10/2026 |
| Horario: | De 09:30 h a 19:30 h |
| Nº prazas: | 50 |
| Lugar saída: | Praza do Concello |
| Cota: | Bus gratuíto |
DE EXCURSIÓN Á FEIRA DE ANTIGÜIDADES DE SARRIA |
|
| Data: | DOMINGO, 02/05/2027 |
| Horario: | De 10:00 h a 19:30 h |
| Nº prazas: | 50 |
| Lugar saída: | Praza do Concello |
| Cota: | Bus gratuíto |
| Inclúe visita guiada ao Mosteiro de Samos (entradas 5 €/persoa, p.o.) | |
TALLER DE MEMORIA |
|
| Duración: | Do 20/01/2027 ao 12/05/2027 |
| Horario: | MÉRCORES, de 10:30 h a 12:00 h |
| Nº prazas: | 12 |
| Lugar: | Casa da Cultura |
| Cota: | 15 € |

