OBRADOIROS PRESENCIAIS PARA FAMILIAS: LÍMITES E NORMAS

O servizo de prevención de condutas adictivas da agrupación de Concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade organiza un obradoiro de dúas sesións de duración dirixidos a nais e pais para traballar sobre límites e normas.

Estes obradoiros realizaranse no mes de maio, os días 9 e 23 de maneira presencial no salón de actos da Casa da Cultura do Concello de Outeiro de Rei.
Mercedes De Santaló, educadora de Disciplina Positiva certificada en familias, aula e primeira infancia será a persoa encargada de dirixir os obradoiros.

Datas: 09/05/2023
Horario: 18.00 a 19.30
SESIÓN 1: OBRADOIRO DE LÍMITES E NORMAS. Que son os límites e por qué son necesarios? Como se fixan os límites? Que facer se non se cumpren?

Datas: 23/05/2023
Horario: 18.00 a 19.30
SESIÓN 1: OBRADOIRO DE LÍMITES E NORMAS. Ferramentas: choiva de ideas, enfoque en solucións. Facemos un acordo e seguimento. As 3 R do perdón. 4 pasos para xerar cooperación

Inscricións (ata 7 de maio)
Mail: [email protected] (enviando nome completo, tlf, mail, Nº nenas/os servizo de conciliación)
Tlf.982.39.00.62
Enlace: https://forms.gle/1vWQYouFPcTEetPJ6

NOTA: AQUELAS PERSOAS QUE O PRECISEN PODERÁN EMPREGAR O SERVIZO DE CONCILIACIÓN MUNICIPAL DURANTE O HORARIO DAS ACTIVIDADES PARA AS NENAS E
OS NENOS de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos

+ INFO
Servizo de prevención de condutas adictivas da agrupación de Concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade.
MAIL: [email protected] TELÉFONO: 982 390 062