Cartel de presentación das Actividades de Inverno 2026-2027O venres 25 de setembro terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura do Concello de Outeiro de Rei ás 20:30 h, a presentación das Actividades de Lecer, Cultura e Deporte previstas para a tempada 2026/2027.

Ofertaranse máis de 800 prazas. Ademais, tamén estará aberta a inscrición nas seguintes actividades do Programa de Actividades para Persoas Maiores: Programa de saúde (con contidos aplicables á vida cotiá relacionados coa alimentación, as rutinas de benestar, o autocoidado…), Taller de memoria e as actividades De excursión a Ourense (outubro) e á Feira de antigüidades de Sarria (maio).

O prazo de inscrición permanecerá aberto dende o luns 28 de setembro ata o 9 de outubro ou ata cubrir prazas. Pódese recibir máis información ou realizar as inscricións na Casa da Cultura en horario de 10:00 a 14:30 h ou no tfno. 982 393 408.

Como remate do acto poderase gozar da actuación do dúo D´CACHÉ MUSIC e haberá uns pinchos variados no Pavillón do Colexio Público Laverde Ruíz.