O Concello de Outeiro de Rei e o Club Fluvial de Lugo asinaron un convenio de colaboración co obxectivo de ofrecer vantaxes ás persoas empadroadas no municipio que desexen darse de alta como socios do Club Fluvial de Lugo, así como facilitar de maneira vantaxosa o acceso a cursos de natación e cursos organizados polo Concello de Outeiro de Rei nas instalacións que posúe o Club Fluvial de Lugo na parroquia de Mosteiro.
- Desconto na cota de entrada:
- O acordo establece que as persoas empadroadas no Concello de Outeiro de Rei que desexen darse de alta como socias do Club Fluvial de Lugo poderán beneficiarse dun desconto do 25% nas cotas de entrada. Para poder acceder a esta vantaxe, deberán acreditar o seu empadroamento no Concello de Outeiro de Rei.
- Natación para as persoas empadroadas:
-
- Ademais, o convenio contempla condicións especiais nos cursos de natación do Club Fluvial que se realicen nas instalacións de Mosteiro para as persoas empadroadas que non son socias, coas seguintes tarifas:
- Ata os 16 anos:
- 25 € ao mes por un día á semana.
- 45 € ao mes por dous días á semana.
- Persoas adultas:
- 30 € ao mes por un día á semana.
- 60 € ao mes por dous días á semana.
*Poderanse reservar prazas a partir do luns nas oficinas do Club Fluvial de Lugo en Mosteiro (horarios segundo dispoñibilidade).
-
- Cursos organizados polo Concello de Outeiro de Rei:
Así mesmo, o Concello acordou co Club Fluvial realizar cursos no centro deportivo de Mosteiro en distintas modalidades deportivas para as persoas empadroadas no municipio a prezos económicos. A información destes cursos e o prazo para anotarse (horarios, tarifas e condicións), serán publicados nos próximos dias tanto na páxina web como nas redes sociais municipais.
Duración e funcionamento do convenio
O convenio terá unha duración dun ano dende a súa sinatura, sendo prorrogable de maneira automática cada ano.
Información e consultas para cursos do Concello
As persoas interesadas en obter máis información sobre as condicións deste convenio poden realizar ás súas consultas na Casa da Cultura de Outeiro de Rei, en horario de 10:00 a 14:00 h ou no teléfono 982 393 408.



