O Concello de Outeiro de Rei co obxectivo de realizar un MERCADO DE NADAL destinado á venda de produtos de decoración, bixutería, alimentación, artesanía, agasallos, complementos, produtos de segunda man, etc. abre o prazo de solicitude para a ocupación dos postos.
O mercado terá lugar o vindeiro 12 de decembro en horario de 12:00 a 19:30 horas no Pavillón do Colexio Público Laverde Ruíz.
A participación no Mercado de Nadal é gratuíta pero é preciso inscribirse para poder participar no mesmo; o prazo de admisión de solicitudes permanecerá aberto do 5 de novembro ao 2 de decembro de 2026.
As solicitudes para participar cun posto no mercado pódense presentar:
- De forma presencial, nas oficinas municipais do Concello de Outeiro de Rei achegando a documentación, de luns a venres en horario de 9:00 a 15:00 horas.
- Mediante correo electrónico enviando toda a documentación a xuventude@concellodeouteiroderei.org.

