Ao Concello de Outeiro de Rei, mediante RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2025, concedéuselle unha subvención para a realización de obras de eficiencia enerxética en edificios e infraestruturas vinculados á prestación de servizos municipais, destinadas a concellos de Galicia, cofinanciadas nun 60 % pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027.
O Concello de Outeiro de Rei recibiu unha subvención por importe de 54.006,82 € para o proxecto denominado “MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA EN EDIFICIOS MUNICIPAIS: CONCELLO E PAC”.

