Festa dos Nenos 2026O Concello de Outeiro de Rei organiza para o venres día 5 de xuño a XXVI FESTA DOS NENOS E DAS NENAS, na que o público infantil e a rapazada poderán gozar de diferentes inchables, kars e tobogáns de forma gratuíta a partir das 16:30 h.

Como remate final, ás 19:00 h haberá a tradicional festa da escuma, para a que se lembra a conveniencia de vir preparados para a molladura; igualmente, lembrar que para subir aos inchables é obrigatorio por hixiene levar postos calcetíns.

Se o tempo acompaña, terá lugar na Praza da Vila e en caso de choiva, trasladarase ao pavillón municipal e ao pavillón do Colexio Público Laverde Ruiz.