Festa da Xuventude 2026O Concello de Outeiro de Rei acolle o vindeiro 9 de maio a III FESTA DA XUVENTUDE que terá lugar na rúa Soborvila baixo carpa cuberta.

A festa que comeza ás 13:30 h, contará coas seguintes actuacións: Dúo Dilema, Dj Francis, Charanga Loubán, verbena a cargo da orquestra PARIS DE NOIA e  DJ Francis.

A comida campestre ten un custo de 25 € para os adultos, de 15 € para os rapaces e rapazas de 7 a 12 anos e gratuíta para os nenos/as  ata  6 anos.

Todas as persoas interesadas poderán recoller os tickets no Bar O Pozo de Outeiro de Rei.

Colaboran: Xunta de Galicia, Carné Xove, Abanca e o Concello de Outeiro de Rei, ademais de varios establecementos.