A Praza do Concello  de Outeiro de Rei acollerá o sábado día 1 de xullo a actuación do GRUPO ARIZONA a partir das 23:00 h.

Esta actuación é unha iniciativa do Concello de Outeiro de Rei para que veciños e veciñas do municipio que este ano non celebra as súas tradicionais Festas de Santa Isabel e todas as persoas que o desexen poidan gozar dunha noite especial, na que tamén haberá un momento singular  para a tradicional sesión de fogos artificiais cos que despediremos a décimo quinta edición da feira de artesanía, quedando despois moita noite aínda para seguir gozando da música.

 

CARTEL DA ACTUACIÓN DO GRUPO ARIZONA