Encontro online para familias: Prevención de condutas alimentarias de risco dende o ámbito familiar

O servizo de prevención de condutas adictivas da agrupación de Concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade organiza un encontro online dirixidos a nais e pais para abordar a prevención de condutas alimentarias de risco dende o ámbito familiar.

Este obradoiro será impartido de xeito online ( a través da plataforma zoom) por Susana Piedra Zorrilla Psicóloga con número de colexiada: M-19528 responsable do Programa de Prevención de condutas de risco en nenos, nenas e adolescentes e fomento da parentalidade positiva na UNAF.

Neste obradoiro abordaranse os seguintes contidos:

  • Adolescencia e pre-adolescencia.
  • As condutas de risco na adolescencia.
  • Educación alimentaria e nutricional.
  • Trastornos da conduta alimentaria (TCA)
  • Competencias parentais

Data: 27 de outubro de 2022
Horario: de 17.00 a 18.30 horas
Inscricións a través do seguinte enlace: (antes do 21 de outubro)
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSf3Iett2rmvLSkaWkzOa- iJO32l9D5vQXyuD_xCh2Ax3bT6jA/viewform

+ INFO
Servizo de prevención de condutas adictivas da agrupación de concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de rei e Rábade.
MAIL: [email protected]
TELÉFONO: 982390062 (Maria Barreiro)