O servizo de prevención de condutas adictivas da agrupación de Concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade organiza un encontro online dirixido a nais e pais dos concellos da agrupación, para abordar a prevención de riscos en entornos dixitais en nenos, nenas e adolescentes.
Este obradoiro será impartido de xeito online por persoal especializado da Unaf (Unión de Asociacións Familiares) https://unaf.org/
Neste obradoiro abordaranse os seguintes contidos:
- Entorno dixital e dereitos da infancia e adolescencia.
- Competencias dixitais parentais.
- Prevención do abuso sexual infantil online.
- Entornos familiares seguros e participativos.
- Competencias parentais na prevención de riscos dixitais en menores.
Data: 28 de outubro de 2026
Horario: de 17:00 a 18:30
Inscricións a través do seguinte enlace:
INSCRICIÓN FALAR PROTEXE: PREVENCIÓN RISCOS EN ENTORNOS DIXITAIS
+ INFO
Servizo de prevención de condutas aditivas da agrupación de concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade.
MAIL: prevenciondrogas@rabade.org
TELÉFONO: 982 390 062

