Cartel Corpos que Importan 2026

O servizo de prevención de condutas aditivas da agrupación de Concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade organiza un encontro online dirixido a nais e pais dos concellos da agrupación, para abordar os trastornos de conduta alimentaria en nenos, nenas e adolescentes.

Este obradoiro será impartido de xeito online (a través da plataforma zoom) por Antonella Ferrari, Técnica da Área de Sensibilización dentro da Unaf (Unión de Asociacións Familiares).

Neste obradoiro abordaranse os seguintes contidos:

  • Que son os trastornos de conduta alimentaria (TCA).
  • Tipos de TCA.
  • Sinais de alerta dos TCA. Claves para a súa detección.
  • Autolesións e TCA.
  • Pautas familiares para a prevención dos TCA.

Data: 11 de xuño de 2026
Horario: de 18:00 a 19:30
Inscricións a través do seguinte enlace: Inscrición ao taller: Corpos que importan. Rellenar formulario

+ INFO
Servizo de prevención de condutas aditivas da agrupación de concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de rei e Rábade.
MAIL: prevenciondrogas@rabade.org
TELÉFONO: 982390062 (María Barreiro)