O Concello de Outeiro de Rei, en colaboración co Club Os Troiteiros, organiza o III CURSO DE PESCA FLUVIAL que se realizará na área recreativa do Campo de Santa Isabel os días 19 e 20 de setembro en horario de 9:00 a 13:00 h.
Este curso, de carácter gratuíto, está concibido como unha actividade para iniciarse no mundo da pesca fluvial, achegando á xuventude ás técnicas de pesca e fomentando á vez o respecto pola natureza e a transmisión de valores de pesca responsable e sostible.
Non se precisa inscrición. + info.: 647 951 884

