A biblioteca pública municipal de OUTEIRO DE REI convoca o CERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO INFANTIL LETRAS GALEGAS 2026 (fase local) para rapaces e rapazas empadroados neste municipio ou  matriculados no Colexio Público Laverde  Ruíz.

Establécense tres categorías:

  • CATEGORÍA A, ata 8 anos.
  • CATEGORÍA B, de 9 a 11 anos.
  • CATEGORÍA C, de 12 a 16 anos.

Poderán participar todos os escolares con:

  1. Narracións, en galego cunha extensión máxima de 1 folio por unha soa cara.
  2. Debuxos, feitos sobre papel ou cartolina de tamaño DIN A4.

Os traballos deberán  ter a temática “Medrar Lendo”.

Ao largo da vida, hai momentos que nos cambian: cando aprendemos a ler as nosas primeiras palabras, cando descubrimos un conto que nos fai rir sen parar ou cando atopamos unha historia que parece falarnos directamente ao corazón.

Invitámoste a recordar e contar eses instantes especiais nos que os libros foron os teus compañeiros, axudándote a entender o mundo, a sentirse acompañado e a imaxinar novos camiños.

O prazo de presentación  dos traballos permanecerá aberto  ata o 11 de maio, poderanse entregar na Biblioteca Pública Municipal ou a conserxe do colexio.

BASES DO CERTAME