A iniciativa municipal DESEÑANDO O TEU FUTURO XII desenvolveuse do 20 ao 27 de xullo e nela participaron dezasete mozos e mozas de Outeiro de Rei que durante unha semana puideron aproximarse ao mundo laboral a través da realización de estadías en varias empresas do municipio, concretamente as empresas acolledoras foron as seguintes:
ÁREA 507. Estación de servizo, tenda, restaurante, hotel e servizo de vixilancia de camións.
AVIFAUNA. Parque zoolóxico.
D10 CENTRO DEPORTIVO. Centro deportivo con cafetería e restaurante.
GARATUXA. Residencia de mascotas.
PAN E PANADERÍA DE OUSÁ, SL. Fabricación e venda de pan, empanadas e doces.
PAULINO CARRAL MÉNDEZ. Gandería de leite.
SPAR-EXPRESS PETEIRA. Supermercado.
TRANSFORMACIÓNS AGRÍCOLAS E FORESTAIS M. ÁNGEL. Traballos agrícolas.
Ademais destas empresas, tamén colaboraron nesta iniciativa ofrecéndose a acoller:
BEN ALONSO SL, IDEA ALMACÉN DE PAPELERÍA, SL, LASERLUCUS, PAN DO MANUEL e XARDINERÍA SANTA ISABEL.
As prácticas realizadas durante cinco días en xornadas diarias de 4 h representaron un primeiro contacto co mundo laboral, unha experiencia valorada positivamente polos participantes que lles permitiu coñecer o traballo diario na empresa escollida e colaborar realizando diferentes actividades; a raíz desta experiencia, unha das participantes conseguiu un emprego para este verán na empresa acolledora.
Para completar o programa, este luns día 27 realizouse unha visita ao Polo de Emprendemento de Friol onde ademais de facer un pequeno percorrido polas instalacións puideron escoitar as explicacións do persoal técnico sobre o traballo que realizan para impulsar e consolidar proxectos de emprendemento ademais de escoitar as experiencias de dous emprendedores.
A xornada rematou no Concello de Outeiro de Rei onde o alcalde, José Pardo Lombao, mantivo como é de costume un intercambio de impresións e fixo a entrega dos diplomas acreditativos da participación no programa.

