O Concello de Outeiro de Rei abre o prazo de inscrición para os CAMPAMENTOS URBANOS que se realizaran do 30 de xuño ao 4 de xullo para os nenos e nenas de 4 a 7 anos e do 7 ao 11 de xullo para os nenos e nenas de 8 a 12 anos.
Este ano ademais teremos unha nova actividade, MOCIDADE EN ACCIÓN, para nenos e nenas da ESO e 1º de Bacharelato, onde está previsto ir o día 26 de xuño ao Aquapark de Cerceda e o día 8 de xullo a Viveiro. Esta actividade terá un total de 25 prazas e unha cota de 15 €.
Ao ser limitado o número de prazas (30 por campamento e 25 no caso da iniciativa Mocidade en Acción) estas cubriranse por rigorosa orde de solicitude tendo preferencia os/as nenos/as empadroados no concello e o alumnado do CEIP Laverde Ruíz con respecto ás solicitudes de fóra.
O prazo para anotarse permanecerá aberto do 6 de maio ao 6 de xuño ou ata cubrir prazas.
Nos campamentos realizarán actividades como obradoiros, xincanas, xogos de equipo, irán ao parque acuático de Cerceda, etc.
Teñen un custe de 30 € o primeiro, de 40 € o segundo e de 15 € Mocidade en Acción, que deberán aboarse sempre antes de rematar o prazo de inscrición.
Pódense reservar as prazas nas oficinas municipais da Casa da Cultura de 10:00 h a 14:30 h ou chamando ao 982 393 408.
Documentación Campamentos 2025