Cartel Andaina Solidaria 2026O Concello de Outeiro de Rei organiza para o XOVES 18 DE XUÑO, unha andaina solidaria co obxectivo de concienciar á sociedade na importancia da doazón de medula e de sangue e paralelamente, da importancia de facer exercicio físico para previr o cancro e gañar en saúde.

PROGRAMA

10:00 h Taller de doazón de medula dirixido ao alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, no Salón de actos da Casa da Cultura a cargo de Esperanza Lavilla, xefa do Servizo de Hematoloxía do HULA.

10:30 h Recollida de camisetas, Praza da Vila.

11:30 h Declaración do goberno municipal do DÍA DA DOAZÓN DE MEDULA E SANGUE, diante do Concello de Outeiro de Rei.

12:00 h Inicio da andaina, saída de diante do Concello.

O recadado na venda de camisetas será a beneficio da Asociación Española Contra o Cancro en Lugo.

O percorrido da andaina será de 5 km camiñando por unha ruta circular con dificultade baixa.

As persoas interesadas poden anotarse na Casa da Cultura de Outeiro de Rei ou chamando ao 982 39 34 08 en horario de 10:00 h a 14:30h ata o vindeiro 12 de xuño.

Esperámoste.