O Concello de Outeiro de Rei organiza para o DOMINGO 22 DE XUÑO unha andaina solidaria contra o cancro.

Actividade para toda a poboación, co obxectivo de concienciar á sociedade sobre a importancia de facer exercicio físico para previr o cancro e gañar en saúde.

PROGRAMA:

10:30 h – Recollida de camisetas

11:00 h – Taller de doazón de medula

11:30 h – Saída da Praza do Concello (de facer mal tempo trasladarase ao Pavillón Municipal)

12:45 h – Chegada ao punto de partida e ágape

O acto contará coa actuación da Banda Infantil da Escola Municipal de Música.

O recadado na venda de camisetas será a beneficio da Asociación Española Contra o Cancro en Lugo.

O percorrido será de 7 km caminando por unha ruta circular con dificultade baixa.

Unha vez rematada a andaina haberá unha food truck de “froitos do mar”, cortador de xamón e embutido (Porco Celta) e estarán tamén ás  filloeiras de Muimenta.

Podes anotarte na Casa da Cultura de Outeiro de Rei ou chamando ao 982 393 408 en horario de 10:00 h a 14:30 h ata o vindeiro 19 de xuño. Esperámoste.