Ao abeiro da Orde do 30 de decembro de 2025, da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para os anos 2026 das axudas para estudos e investimentos vinculados á conservación, á recuperación e á sensibilización ecolóxica na Rede Natura 2000, nos parques naturais e nas reservas da biosfera de Galicia, cofinanciada co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia, ao Concello de Outeiro de Rei se lle concedeu unha axuda de 14.990,00 € para a realización da actuación “ACTUACIÓNS DE INFORMACIÓN E DIVULGACIÓN DOS ESPAZOS PROTEXIDOS DE OUTEIRO DE REI” consistentes na publicación duns mapas do territorio que recolleran as distintas rutas de sendeirismo para orientar ás persoas usuarias no coñecemento dos valores ambientais e dos espazos naturais nos que se atopa o municipio de Outeiro de Rei. Estas actuacións complétanse coa colocación dun mapa do Concello de Outeiro de Rei coa información dos espazos protexidos e as rutas de sendeirismo que será punto de información para visitantes e para os propios habitantes do concello.