Actividades do Concello de Outeiro de Rei no Club Fluvial de MosteiroO Concello de Outeiro de Rei abre o prazo de inscrición para as actividades que se van a realizar no Club Fluvial de Lugo en Mosteiro, dirixidas a persoas empadroadas no municipio.

As actividades ofertadas son as seguintes:

  • OFICINA DE INFORMACIÓN XUVENIL
    PÁDEL (catro cursos: de 5 a 7 anos, de 8 a 13 anos, de 14 a 18 anos e adultos)
  • DEPORTES
    NATACIÓN ADULTOS (dous cursos)
    XIMNASIA NA AUGA
    NATACIÓN INFANTIL (dous cursos)

O prazo de inscrición para ditas actividades estará aberto do 19 ao 30 de outubro ou ata cubrir prazas. As prazas cubriranse por orde de solicitude; pódese recibir máis información (horarios, cotas…) ou realizar a inscrición na Casa da Cultura de 10:00 h a 14:30 h ou chamando ao teléfono 982 39 34 08.