O Concello de Outeiro de Rei en colaboración coa Reserva da Biosfera Terras do Miño organiza o curso RECICLA E REPARA: PEQUENOS ARRANXOS E GRANDES IDEAS.
Esta actividade se levará a cabo os sábados 19 e 26 de setembro e 3 de outubro en horario de 10:00 h a 14:00 h no Espazo Municipal de Autorreparación e Intercambio de Obxectos situado en Matela.
A actividade é gratuíta e as persoas interesadas poden realizar a súa inscrición a partir do día 5 de agosto e ata o día 15 de setembro na Casa da Cultura ou chamando ao 982 393 408 ; as prazas ofertadas son 10 que serán cubertas por orde de solicitude, tendo preferencia as persoas empadroadas no municipio de Outeiro de Rei.

