Informámosvos que a Xunta de Galicia ven de poñer en marcha o Programa Coidados Porta a Porta,  levando servizos de  podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria a diferentes localidades.

As persoas maiores de 55 anos do Concello de Outeiro de Rei que desexen recibir algún destes servizos poderán solicitar cita para  os días  17-20-21 de novembro 2023,  de 9:00 a 20:00 horas, e recibir o servizo/s solicitado/s na unidade móbil que se situará  na Nacional  VI, ao lado do PAC e do Soborvila.

É necesario  pedir cita previa nos seguintes teléfonos:  622 748 283 – 623 546 992 ou no correo: [email protected]

Cartel coidados porta a porta