O Concello de Outeiro de Rei organiza a tradicional Festa dos Xubilados que terá lugar o venres día 3 de xullo na área recreativa de Santa Isabel; a festa contempla a celebración dunha misa solemne diante da Capela de Santa Isabel ás 13:30 horas, xantar na carballeira e actuación do Dúo Estrellas.

Todas as persoas con dereito a participar na devandita festa, é dicir, persoas xubiladas empadroadas neste municipio, poderán anotarse nas oficinas da Casa da Cultura (xunto ao colexio) de 10:00 h a 14:30 h ou ben dando os seus datos ao Alcalde de Barrio da súa parroquia antes do día 26 de xuño; en todo caso, deberán facer o abono dos 5 € que custa a invitación e achegar o número do DNI; as persoas menores de 65 anos deberán presentar xustificante de ser pensionista.

As persoas acompañantes que non estean xubiladas deberán aboar os 30 € da súa tarxeta.

O prazo para recoller as invitacións, tanto na Casa da Cultura como a través dos alcaldes de barrio, permanecerá aberto dende o luns día 15 ao 26 de xuño; todas as persoas que asistan á festa deberán ir provistas dunha invitación.