Salto do Piago
Situación: 43º04’51"N- 7º37’46"W
Localízase na parroquia de Robra; orixinal paisaxe que é aproveitado como lugar de baño e descanso. Neste punto, o río muda a súa fisionomía apracible para deixar arrastrar as súas augas por pequenas fervenzas e pendentes.
Dependendo do caudal do río quedan á vista unhas rechamantes formas rochosas. Nalgúns casos, totalmente planas e noutros noutros aparecen como marmitas de xigante, formas erosivas sobre o granito, de forma redondeada, producidas polos remuíños da auga que desgastan a roca.
Nas beiras conservase parte do bosque de ribeira e unha densa vexetación fluvial.
No seu entorno sigue funcionando unha minicentral eléctrica, recentemente restaurada, que subministrou electricidade á cidade de Lugo a finais do século XIX.
Como curiosidade, neste espazo no ano 1994 rodáronse varias escenas da película El rey del río dirixida por Manuel Gutiérrez Aragón.
Por este lugar discorre a RUTA DE SENDEIRISMO CAMIÑO DO MIÑO.