Campo de Santa Isabel

Situación: 43º05’44"N -7º37’13"W

Situado na parroquia de Outeiro de Rei, tamén chamado As Veigas. Bonita área recreativa baixo a sombra dunha frondosa carballeira, na confluencia dos ríos Miño e Ladra

Nel practícase a pesca e co bo tempo é frecuente ver familias e grupos de amigos que usan deste belo e singular paraxe como lugar de esparexemento e baño.

Neste espazo natural localízase a capela de Santa Isabel, un fermoso muíño, bo representante da arquitectura popular vinculada aos ríos e un dos últimos que estivo en funcionamento na comarca , un caneiro que retén as augas do Miño e desvía parte do seu caudal cara a canle do muíño, a praia fluvial de Santa Isabel e un centro de interpretación ao aire libre da Reserva da Biosfera Terras do Miño.

Ás beiras do Miño poderemos observar plantas acuáticas como nenúfares, espadanas ou xuncos. Por este espazo discorre a ruta de sendeirismo CAMIÑO DO MIÑO.

Actualmente é preciso pagar unha unha taxa polo aparcamento no Campo de Santa Isabel de aplicación soamente aos vehículos que accedan ao espazo manténdose a gratuidade para as persoas que entren a pé a este espazo natural.