Servizo de atención temperá
Servizo de Atención Temperá para a agrupación de concellos de Outeiro de Rei , Castro de Rei e Cospeito
En Galicia, en 2013 creouse a Rede Galega de Atención Temperá, a través do Decreto 182/2013, do 5 de decembro.
As persoas destinatarias do servizo de atención temperá será a poboación infantil de 0 a 6 anos con trastornos no desenvolvemento ou en situación de risco de padecelos, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia, así como os seus familiares e ao seu contorno.
Polo tanto, a atención temperá ten como obxectivo principal dar resposta a estas posibles necesidades transitorias ou permanentes para facilitar o desenvolvemento da autonomía persoal e a inclusión social das persoas beneficiarias do programa (poboación infantil de 0 a 6 anos).
Todo isto abordarase mediante unha intervención biopsicosocial que favoreza a adquisición ou a recuperación de funcións ou habilidades da poboación infantil destinataria.
A agrupación de concellos de Outeiro de Rei e Castro de Rei obtivo unha subvención da Consellería de Política Social, a través da Orde do 19 de decembro de 2019, para a posta en marcha do servizo de atención temperá nestes concellos, servizo que se iniciou o 01/08/2020. Servizo que continúa na actualidade, e para o período 2022-2024 se integra na agrupación o Concello de Cospeito dende o 01/11/2022 a 31/10/2024.
Na actualidade conta cun equipo de tres profesionais: unha logopeda, unha terapeuta ocupacional e unha psicóloga que prestan servizo na Casa da Cultura de Outeiro de Rei. O horario de atención ao público é de luns a venres de 10:00 h a 14:00 h. A prestación do servizo de atención temperá realizase nun horario máis amplo:
LUNS de 09:00 a 20:30 h
MARTES de10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:30 h
MERCORES de 08:00 a 20:30 h
XOVES de 09:00 a 14:00 h e de 17:00 h a 20:30 h
VENRES de 09:00 a 21:00 H
Trátase dun servizo gratuíto da agrupación de concellos de Outeiro de Rei, Castro de Rei e Cospeito cofinanciado pola Unión Europea: Programa Operativo FSE Galicia 2021-2027.
MÁIS INFORMACIÓN
SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERÁ
para a agrupación de concellos de Outeiro de Rei, Castro de Rei e Cospeito
Casa da Cultura, 1º andar. Ctra. N-VI, s/n. 27150 Outeiro de Rei ( Lugo)
Tfno.: 982 393 408 e 638 823 134