Recollida de residuos orgánicos. Contenedor marrón.

recollida-selectiva

Dende o Concello de Outeiro de Rei estamos a levar a cabo diferentes actuacións a prol do medio ambiente e da conservación do territorio. Dentro deste contexto, unha das actuacións a desenvolver é o desenrolo do proxecto para a NOVA IMPLANTACIÓN DA RECOLLIDA SEPARADA DA FRACCIÓN ORGÁNICA DOS RESIDUOS MUNICIPAIS NO CONCELLO DE OUTEIRO DE REI, proxecto subvencionado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda ao abeiro da convocatoria de axudas destinadas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, axudas cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo FEDER Galicia 2014-2020.

Dito proxecto consiste na recollida de forma separada da fracción orgánica dos residuos xerados nos fogares, para o cal o Concello de Outeiro dotará progresivamente no ámbito municipal de contedores de cor marrón co distintivo de orgánica . Non obstante, para o bo funcionamento desta nova iniciativa é precisa a colaboración dos veciños e veciñas do municipio para que desboten neste novo colector marrón unicamente os residuos axeitados.

Inicialmente esta implantación levarase a cabo nos grandes produtores deste tipo de residuos (establecementos de hostalería, residencia de maiores, colexio, prisión...) e paralelamente, sempre de acordo coa poboación local, na Urbanización Santa Isabel, barrio piloto seleccionado para iniciar esta nova experiencia de recollida da fracción orgánica dos residuos, para logo estender a experiencia a diferentes puntos do municipio.

Para calquera consulta ao respecto non dubide en poñerse en contacto co Concello de Outeiro de Rei; agardamos a súa colaboración.

TRÍPTICO INFORMATIVO SOBRE COMPOSTAXE DOMÉSTICA

FOLLETO DE DIFUSIÓN DA RECOLLIDA SEPARADA DA FRACCIÓN ORGÁNICA DE RESIDUOS

DATOS DE RECOLLIDA DA FRACCIÓN ORGÁNICA DOS RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS (FORSU) ANO 2023

DATOS DE RECOLLIDA DA FRACCIÓN ORGÁNICA DOS RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS (FORSU) ANO 2022

DATOS DE RECOLLIDA DA FRACCIÓN ORGÁNICA DOS RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS (FORSU) ANO 2021

DATOS DE RECOLLIDA DA FRACCIÓN ORGÁNICA DOS RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS (FORSU) ANO 2020