Programa de Actividades para Persoas Maiores 2025/2026

ACTIVIDADES PARA PERSOAS MAIORES

Requisitos a ter en conta:

  • Ser maior de 60 anos e estar xubilado ou ser pensionista; igualmente poderán acceder ás actividades as persoas con 65 ou máis anos independentemente de que estean xubiladas ou non.
  • No caso de levar un/ha acompañante, este poderá inscribirse aínda que non cumpra o anterior requisito nas viaxes ou comidas que se celebren.
  • Estar empadroado/a no Concello de Outeiro de Rei.
  • As persoas perceptoras de pensións non contributivas para ter dereito á cota reducida terán que acreditar dita situación mediante certificado acreditativo que se pode solicitar no departamento de Servizos Sociais do Concello.
  • As prazas cubriranse por rigorosa orde de solicitude.
  • As persoas interesadas en participar nalgunha das actividades previstas terán que realizar a inscrición na CASA DA CULTURA de Outeiro de Rei nos seguintes prazos:
    • Para as actividades do ano 2025, do 8 de xullo ao 24 de xullo.
    • Para as actividades do ano 2026 o prazo de inscrición será o mesmo que se estableza para as actividades de inverno.
  • A celebración da totalidade das actividades previstas ou a posible modificación das mesmas queda supeditada á demanda existente (que non poderá ser inferior ao 50% das prazas ofertadas na actividade, agás na actividade Coida os teus pés que non ten mínimo de demanda) ou a posibles imprevistos que poidan xurdir.

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN ATA O 24/07/2025 NAS ACTIVIDADES MARCADAS CUN ASTERISCO *.

FÓRA DESTE PERÍODO CONSULTAR DISPOÑIBILIDADE DE PRAZAS.

XXXI FESTA DOS XUBILADOS

Data:VENRES, 04/07/2025
Lugar:CAMPO DE SANTA ISABEL
Cota:5 € (xubilados ou pensionistas)
30 € (acompañantes que non reúnan o requisito anterior)

COIDA OS TEUS PÉS

DataDo 03/09/2025 ao 29/07/2026
Horario:MÉRCORES, de 09:20 h A 13:00 h
Nº prazas:12 (límite de pacientes por día)
Lugar:Centro médico de Outeiro de Rei
Cota:3 €/consulta (perceptores de pensións non contributivas)
5 €/consulta (resto de usuarios)
10 €/consulta (persoas non empadroadas en Outeiro de Rei, suxeito a dispoñibilidade de prazas)
Previa cita no tlfno.: 982 393 281
CONDICIÓNS DE USO DO SERVIZO COIDA TEUS PÉS

XIMNASIA PARA MAIORES *

Duración:Do 09/09/2025 ao 14/05/2026
Horario:MARTES E XOVES, de 10:15 h A 11:15 h
Nº prazas:20
Lugar:Ximnasio do pavillón
Cota:5 € (perceptores de pensións non contributivas)
25 € (resto de usuarios)

BAILANDO SONS DE XUVENTUDE*

Duración:Do 17/09/2025 ao 17/12/2025
Horario:MÉRCORES, de 18:00 h a 19:00 h
Nº prazas:16
Lugar:Centro Cultural
Cota:15 €

DE EXCURSIÓN Á FESTA DA MALLA TRADICIONAL DE DOADE (LALÍN)*

Data celebración:SÁBADO, 23/08/2025
Horario:De 09:30 h a 19:30 h
Nº prazas:53
Lugar saída:Praza do Concello
Cota:Bus gratuíto; xantar 22 €/persoa
Festa de Interese Turístico de Galicia

DE EXCURSIÓN A OVIEDO

Data celebración:XOVES, 21/05/2026
Horario:De 08:15 h a 20:00 h
Nº prazas:53
Lugar saída:Praza do Concello
Cota:Bus gratuíto
Pendente de confirmar cota da visita guiada á Catedral

TALLER DE MEMORIA

Duración:Do 04/02/2026 ao 27/05/2026
Horario:MÉRCORES, de 10:30 h a 12:00 h
Nº prazas:12
Lugar:Casa da Cultura
Cota:15 €

Concello de Outeiro de Rei
Revisión de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que podamos brindarlle a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando regresa ao noso sitio web e axudar ao noso equipo para comprender que seccións do sitio web resúltanlle máis interesantes e útiles.

Para máis información consulte Política de cookies.